As redes sociais están a transformar a comunicación e difusión da información na actualidade. En certo modo xestionan parte da expresión colectiva dunha época onde a sociedade reclama participar na opinión e decisión do seu presente e futuro.
Os cambios non son alleos á arqueoloxía. Moitas iniciativas pasan a miúdo por achegarse ao público botando man da divulgación virtual ou de actividades de proximidade coas comunidades. Pero o uso que se fai das redes sociais pode condicionar o diálogo que establece cara fóra. Sen esquecernos do discurso propio, parte destas eivas proveñen do deseño das plataformas existentes, orientadas en transferir información en tempo real, pero que descoidan aspectos como a elaboración de contidos, algo fundamental se cómpre transmitir coñecemento científico.
Esta enquisa (PREMER AQUÍ:enquisa pechada o 31/12/2013) parte coa intención de achegarnos a como se produce e se percibe, dunha forma básica, a comunicación da actividade da arqueoloxía profesional nas redes sociais. Por este motivo vai dirixida tanto a non arqueólogos como a profesionais do sector, como dous polos que deben converxer.
As preguntas son sinxelas e quizáis se poida profundizar en algún aspecto máis. Por este motivo se algunha persoa considera a necesidade de outras cuestións que se deberían tratar e as opcións de resposta, valorarase engadilas dentro do tema proposto.
Graciñas por participardes.
Publicado por: Andrés Teira Brión
Escribir comentario